Alberto Martí | La Voz de Galicia |
A fotografía de Alberto Martí e unha homenaxe, non só ás mariscadoras, senón ao esforzo de tantas mulleres e nais.
Non mudou tanto a dura tarefa de arrincar do mar un sustento, aínda que por aquel entón, non vai tantas décadas, a extracción a man de berberechos e ameixas reflectía outras precariedades.
A muller da imaxe non esta soa na area. Durmido encol do húmido leito, o seu pequeno cativo a acompaña na laboriosa actividade de lombos encorvados, mans con fendas e decotío co sono atrasado.
Una imagen que habla por sí sola y tus palabras realmente acertadas.
ResponderEliminarSaludos desde aquí. Desde La Coruña.
Hoxe mulleres traballadoras celebran este día, esquecéndose doutras moitas mulleres que están soas, que concilian a súa vida laboral e familiar nestas precarias situacións.
ResponderEliminarTócome unha época na que tiven que loitar para conseguir que os meus dereitos igualásense aos dos homes, conseguidos.
Sigo loitando por mulleres como estas e tome a decisión de loitar tamén polos dereitos do home, ninguneados por dereitos non igualitarios a favor da Muller…
O día da muller traballadora debería ser para estas mulleres, outras mulleres deberían axudala, neste día.
Triste imaxe nos tempos que corren…
Un saúdo, desde Noja, Cantabria