Páxinas

31 de dec. de 2009

Rúa Picavia

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Aínda hoxe podemos ver o instituto E. da Guarda dende a praza de Ourense, mais o que xa non existen son todas esas árbores e algúns edificios que se asoman timidamente, entre dos que cabe destacar o mercado sito na praza de Lugo.

Tamén sería dificilmente imaxinable nos nosos días camiñar tranquilamente, como o fan as xentes que vemos na imaxe, polo medio desas rúas.

Praza de Azcárraga ateigada de xente

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Praza de Galicia (II)

Juan Cancelo | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Volvemos coa praza de Galicia vista dende outro ángulo. Agora xa se pode apreciar máis cambios, principalmente por mor dos edificios fronte o Palacio de Xustiza.

Peiraos entre 1945 e 1948

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vista da parte traseira da igrexa de Santiago

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Praza de Vigo

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña
Nos anos '50 do século XX a praza de Vigo estaba practicamente rematada (pódese ollar como na extremo da dereita aínda falta algún edificio).

Afortunadamente aínda non se construíra o aparcamento soterrado que xunto co desarrollismo que había de levar por diante algúns edificios como o que se ve na esquina da dereita desfiguraron esta pequena zona verde no centro da cidade.

Por aquel entón, a rúa Emilia Pardo Bazán tampouco era peonil neste punto.

Rúa Real

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Fábrica de Tabacos (II)

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Pódese adiviñar tras da parte central do edificio a vella liña litoral de San Diego, entón dominada polo castelo homónimo, o camiño de ferro da liña de Palencia e a fábrica de conservas Albo.

Praza de Galicia

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Aparentemente semella non ter mudado nada nesta vista agás pola construción do aparcamento soterrado.

Vista dende o parque de Santa Margarida

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

29 de dec. de 2009

Fábrica de Tabacos

Hauser y Menet | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Entrada ao colexio Dequidt (II)

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña
Historia e interior do colexio.

Vista do Orzán (sic)

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Pódese ollar o comezo da avenida de Fisterra (que se correspondería coas casas que aparecen no medio da imaxe), parte da praza de touros e, ao fondo, a solitaria Torre de Hércules a carón dun Monte Alto sen edificacións.

Rúa Sánchez Bregua

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Un bo exemplo do que se perdeu nesta cidade.

O porto nos anos '50

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

28 de dec. de 2009

Xardíns de Méndez Núñez en 1926

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Ela

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vista do porto e o centro da cidade nos anos '40

L. Roisin | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Intensa actividade ferroviaria nos peiraos -entón- comerciais de Santa Lucía. Hoxe a meirande parte desta zona está ocupada pola nova lonxa.

A Dársena

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

O Habana atracado nos peiraos da Palloza entre 1925 e 1930

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vista parcial da Coruña dos '20

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Unha nova imaxe, semellante á publicada o día 18 deste mes, un pouco máis preto do centro e nos anos '20, cando xa estaba rematado o mercado Eusebio da Guarda na praza de Lugo, edificio que se pode ollar afinando algo á vista na marxe esquerda.

22 de dec. de 2009

Coruña hoxe

Aproveitando que na última actualización de Google Street View xa comezan aparecer imaxes desta nosa/vosa vella e nobre Brigantium decidimos incluír algunhas vistas que se corresponden con fotos e postais xa publicadas para que vexades o antes e o agora. Agardamos que sexa de utilidade.

Varadoiro da Palloza entre 1925 e 1930

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Paseo da Mariña

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Esperemos que os proxectos para anovar a explanada da Dársena da Mariña teñan en conta imaxes do pasado coma a que amosamos.

Semella que aquel día daba ben o sol pola xente que se ve á sombra e a claridade que hai, o que non queda claro é se o tranvía nº a circular polo carril da dereita ía ou viña dos Castros.

21 de dec. de 2009

Un transatlántico no porto

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Debido á falta de calado moitos barcos debían fondear na badía e os seus pasaxeiros seren transportados a terra firme en barcas.

Ao fondo pódese ollar parte da dársena da Mariña e a Cidade Vella, onde destacan o campanario da igrexa de San Domingos e o vello cárcere do Parrote no lugar que hoxe ocupa o hotel Finisterre. Tamén podemos apreciar como o mar chegaba ata o pé da murallas que noutro tempo protexeron a cidade.

Peirao do Peixe II

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Grande afluencia de xente na Palloza ante a fábrica de Tabacos, entón coroada por unha cheminea de ladrillo hoxe desaparecida.

18 de dec. de 2009

Antonio Tenreiro, arquitecto

Naceu na Coruña o 5 de Xaneiro de 1893. Realizou estudos de arquitectura na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid entre os anos 1913 e 1919. Alí habería coñecer o que sería o seu eterno amigo, o valenciano don Peregrín Estellés (1891-1981), co que habería de compartir teimosa actividade profesional ata 1969, formando ambos o próspero estudio do capitel xónico.

A especial inclinación e gusto de Estellés durante a carreira polos temas de Estruturas e os problemas da técnica do formigón, e facilidade de Tenreiro para as materias de Proxectos, favorecería unha mutua e agradecida colaboración entre ambos durante os anos de universidade, relación que habería de continuar e medrar con especial beneficio xa rematados os estudos na Escuela.

Durante os primeiros anos mantiveron aberto Tenreiro & Estellés , na rúa Benito Gutiérrez número 13 de Madrid, un estudio de arquitectura que lles permitirá leva adiante pequenos proxectos e obras. Igualmente colaborará Tenreiro até 1921 co tamén arquitecto e futuro director da Academia española de Bellas Artes de Roma, don Emilio Moya, co que gañará en 1920 o concurso de proxectos para a Casa de Correos y Telégrafos de Lugo, edificio no que dirixiu a súa construción.

En Madrid e en Bayonne idearía e debuxaría en 1920 os primeiros croquis e bocetos do que sería o Banco Pastor de La Coruña, encargo que chegará ás súas mans por relación familiar con Ricardo Rodríguez Pastor, que era tío do arquitecto e primo de Pedro Barrié de la Maza.

En 1921 don Antonio Tenreiro, acompañado por don Peregrín Estellés, instalarase definitivamente na Coruña, cidade que non ha abandonar até a súa morte. Viaxará asiduamente por Francia e outros estados europeos (o que lle ha permitir coñecer as súas arquitecturas), mais non ha abandonar nunca, agás en 1930, longo tempo a poboación. Motivou esta saída o encargo a el adxudicado polo Ministerio de Economía Nacional español, do pavillón de España na Exposición Internacional de Liegge de dito ano, edificio no que colaborou (por así esixilo as bases do Certame) co arquitecto belga M. Snyers.

O 12 de Xuño de 1930 será nomeado arquitecto municipal da Coruña, despois de superar o concurso celebrado ao efecto, a compartir dende tal dta a dirección de obras do Concello primeiramente con don Pedro Mariño y Ortega, e a súa morte, o 2 de Setembro de 1931, con don Santiago Rey Pedreira. Apartado temporalmente do emprego trala imposición do réxime de Franco, será rehabilitado para o mesmo polo alcalde Alfonso Molina. Abandonará o posto de arquitecto-xefe municipal o 5 de Xaneiro de 1963.

A II República española nomeárao arquitecto do Ministerio de Educación Nacional, proxectando para este departamento a partir de 1940, a cidade cultural "Generalísimo Franco" e outras obras de interese na cidade. A súa arquitectura será cita obrigada no panorama edilicio galego do segundo terzo do século XX. Autor de numerosos edificios de grande calidade, mérito  e arte (definía a súa primeira arquitectura coma "un racionalismo flirteante co cubismo"), a súa presencia na cidade supuxo a ruptura co modernismo e o eclecticismo final (ao seu entender unha "arquitectura de carpinteiros"), asinando proxectos racionalistas (e en menor medida rexionalistas) de grande interese.

Falecerá don Antonio Tenreiro na Coruña o 31 de Maio de 1972. Estaba en posesión da Lexión de Honor francesa no seu grao de Cabaleiro.

Obras e proxectos máis relevantes:
  • Casa de Correos y Telégrafos de Lugo (1920)
  • Banco Pastor de La Coruña (1920-1925)
  • Casa Barrié (1926)
  • Proxecto da rúa cuberta de Durán Loriga  (1926-1927)
  • Proxecto da Cidade Satélite Concepción Arenal (1928)
  • Mercado municipal de San Agostiño (1931-1932)
  • Biblioteca Municipal Menéndez Pidal (1933-1935)
  • Estación de servizo de Catro Camiños (1934-1935)
  • Reforma do edificio do Consulado para Museo Provincial de Belas Artes (1941-1947)
  • Cidade escolar "Generalísimo Franco" (1941-1947-1959)
  • Arquivo do Reino de Galicia e Biblioteca Pública (1948-1956)
_________________________________________________________________________
Fonte: "El Banco Pastor de La Coruña"  por José Ramón Soraluce Blond, Xosé Fernández Fernández, José Ramón Alonso Pereira e Fernando Agrasar Quiroga

Vistas dende o monte de Santa Margarida

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Nesta imaxe pódese ollar bastante ben tres características da Coruña da época:

Unha sería un Ensanche aínda en cueiros como podemos ver na esquerda da imaxe, na que se aprecia como a cidade remata xa pola praza de Lugo.

Outra sería a cantidade de barcos ancorados no porto natural, na badía, que formaba a ría,antes de que se fixeran boa parte dos recheos que coñecemos na actualidade para instalacións portuarias.

E a terceira sería o castelo de San Antón, illado da cidade malia a marea baixa.

Peirao do Peixe

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

17 de dec. de 2009

Entrada á ponte da Pasaxe

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Esta era a faciana que amosaba entre 1925 e 1930 o acceso á ponte da Pasaxe dende as Xubias, tras do coche da esquerda pódese observar o surtidor de gasolina característico da época .

Nun segundo plano, á esquerda da imaxe asoma o tellado e o último andar do edificio do vello apeadeiro do camiño de ferro que une Coruña con Palencia, o apeadeiro foi desmantelado nos '80 e o seu edificio foi convertido nun restaurante.

A Mariña asolagada

Alberto Martí | La Voz de Galicia

A imaxe corresponde a un día de finais dos setenta, no que caeu sobre a cidade unha tromba de auga que converteu algunhas rúas do centro - como ocorreu coa avenida da Mariña - nunha auténtica lagoa.

Como consecuencia das precipitacións, unha parte das beirarrúas quedou totalmente cuberta de auga, así como un dos carrís de circulación, polo que os automóbiles xa non se atreveron a pasar, como se pode comprobar nesta imaxe.

Vista do peirao de Linares Rivas

Juan Cancelo | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Volvemos cunha fermosa estampa da avenida de Linares Rivas e os seus peiraos nos anos '30 do século pasado.

Quen nos dera a moitos hoxe que a avenida tivese aquel aspecto de señorial boulevard e non o monstro de asfalto, cemento e formigón no que a converteron.