Páxinas

7 de nov. de 2015

Vista da Cidade Vella desde o medio da ría nos anos '20

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Impresionante instantánea tomada desde o medio da ría da Coruña na que se poden ollar unha serie de elementos imposíbeis de ver hoxe en día (de esquerda a dereita):

  • O antigo cárcere, substituído polo cárcere provincial da Agra de San Amaro (fronte a Torre de Hércules). O seu lugar ocúpao desde os anos '40 o hotel Finisterre.
  • O mar chegando ás murallas. Primeiro a "Solana", logo o dique de "abrigo" e posteriormente os recheos para ampliar o paseo e as instalacións náuticas da zona desfixeron por completo esta fermosísima panorámica.
  • O hospital Abente y Lago, por aquel entón hospital militar, antes das sucesivas reformas e ampliacións que o fixeron desentoar -polas súas proporcións- coa contorna.
  • A igrexa de San Francisco, trasladada pedra a pedra nos anos '60 á zona entre o parque de Santa Margarida e Cidade Xardín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario