28 de xul. de 2008

Vista aérea nos anos '60 do século XX

Colección Brigantium
Na parte inferior esquerda pódese ver a desaparecida estación de Norte no lugar que hoxe ocupan a estación de autobuses e os grandes almacéns El Corte Inglés.

A liña de Palencia entraba a dita estación pola que hoxe é a rúa Posse e continuaba pola liña que aínda hoxe se emprega para acceder á estación de mercadorías de San Diego.

Igualmente destaca á dereita da imaxe os traballos de enchido para a construción dos peiraos de San Diego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario