Páxinas

30 de ago. de 2008

Derrubamento da fachada do estadio de Riazor

Alberto Martí

O estadio de Riazor foi construído en 1945 cun frontal porticado seguindo o estilo dos estadios alemáns. O 8 de Outubro de 1968 esta fachada, que se podía ollar dende a praia de Riazor, foi demolida para facer espazo para a construción do Palacio dos Deportes.

En 1982 sufriu outra fonda reforma co gallo do Mundial de Fútbol. Na segunda metade da década de 1990 se lle deu o aspecto actual pechando o fondo que estaba aberto ao mar e eliminando as pistas de atletismo para lle dar unha función exclusivamente futbolística, quedando só do estadio orixinal a "Torre de Marathon" tras da grada de "Xeral".

Ningún comentario:

Publicar un comentario