Alberto Martí |
Pódese apreciar o cemiterio de San Amaro e ao fondo a zona que ocupa hoxe o polígono de vivendas de Adormideras, polígono que por aquel entón non era máis que unha canteira de onde se sacaba a pedra para construír o Dique de Abrigo Pedro Barrié de la Maza.
Pegada á liña de costa pódese observar a construción do camiño de ferro para transportar a pedra dende a zona de Adormideras ata a Maestranza, xusto por onde hoxe transcorre o paseo marítimo de Beiramar (Orillamar).
Ningún comentario:
Publicar un comentario