Alberto Martí | La Voz de Galicia |
A Avenida
Por aquel entón aínda discorría encol dela, como se pode ver na imaxe, parte da liña de tranvía Coruña-Sada, en concreto dende a cidade herculina ata o cruce do Carballo en Oleiros. O edificio da esquerda era entón a sé do cuartel da Policía Armada.
O treito que se amosa é o comprendido entre o parque Europa e o cruce con Ramón y Cajal, en concreto semella estar sacada dende a ponte sobre o río Moinelos coa mirada posta cara Catro Camiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario