II Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
Na imaxe pódese ollar os novos accesos á cidade rematados a comezos dos '70, daquela era habitual que a sinalización horizontal fose de cor amarela.
A simple vista a zona mudou pouco aínda que se nos fixamos nos pequenos detalles poderemos enxergar que entón se podía aparcar onde hoxe esta o xardín xaponés, que o lugar onde hoxe esta a lonxa estaba sen asfaltar ou que o camiño de ferro portuario situado á esquerda non estaba incrustado no pavés como agora, pero sobre todo destaca a ausencia do grande logotipo luminoso de Caixa Galicia (aínda non fora creada) na parte máis alta da Casa Golpe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario