II Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
A finais da década dos '60 a fonte luminosa de Catro Camiños amosaba esta saudable faciana, tras dela pódese ollar a fábrica de cervexas Estrella de Galicia.
Á esquerda vemos as casas do vello barrio de Castiñeiras antes de seren derrubadas para construír os novos accesos: a prolongación da Avenida da Vedra cara Linares Rivas co viaduto sobre o comezo da Ronda de Nelle e os xardíns de San Pedro de Mezonzo.
Como se pode ollar na imaxe o tráfico, que comezaba ser intenso, tiña que pasar pola Rúa Fernández Latorre para se dirixir cara a avenida da Vedra para saír da cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario