Páxinas

26 de dec. de 2008

Praza de Ourense

II Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Curiosa imaxe na que se ben dende entón non se produciron moitos trocos os que se poden ollar si son bastante salientables:
  1. O antiestético edificio onde hoxe están as emisoras radiofónicas do grupo PRISA xa estaba ergueito mais as árbores aínda estaban por medrar.
  2. Non hai medianeira polo que semella que eses dous automóbiles da esquerda van aproveitar para virar á esquerda, manobra imposible a día de hoxe.
  3. Semella que non hai parada de taxis (ou polo menos non tiña a lonxitude que ten agora) aínda que si vemos xente que aparenta agardar polo bus.
  4. O edificio da delegación do goberno español non fora reformado polo que a súa fachada é distinta á actual e a beirarrúa semella máis larga cá que hoxe temos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario