Páxinas

4 de xan. de 2009

Inundación na zona da Vedra

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Unha veciña intenta chegar á súa vivenda, auxiliada por outros veciños para sortear a auga, na contorna da avenida de Alfonso Molina, situada á esquerda nesta imaxe, o 26 de Decembro de 1959.

A contorna desta zona, onde abondaban os campos de cultivo, resultou alagado en Decembro dese ano por mor dunha grande riada que dificultou a circulación polas estradas e o tránsito aos veciños do lugar, que habitaban, como se ve na imaxe, vivendas de andar baixo, ás que a auga chegou a provocar importantes danos nos seus bens.

Ningún comentario:

Publicar un comentario