III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
Á dereita da imaxe destaca o por aquel entón novo Hotel Finisterre, erguido case enriba dos restos do antigo cárcere, no Parrote.
Daquela coruñeses e visitantes aínda podían gozar da pequena praia que había ao pé da muralla e que nas décadas posteriores sería soterrada para dar paso ás instalacións recreativas privadas de La Solana (dentro do recinto do propio hotel).
Durante moitos anos ditas instalacións impedirían o libre acceso ao mar nesa zona ata que a comezos da década dos '90 un novo enchido na badía por parte da Autoridade Portuaria permitiu a construción dun paseo marítimo que volvía permitir o tránsito de persoas entre a dársena da Mariña e o castelo de San Antón pola beira do mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario