La Opinión de A Coruña |
O amigo Fernando envíanos esta imaxe do outrora corazón do vello Concello de Oza (absorbido polo da Coruña a comezos do século XX). Á esquerda podemos ver como iniciaran as obras para erguer as torres dos Mariñeiros e os barrios das Flores e Elviña, á dereita as típicas casas á beira da antiga N-550 que foron aguantando uns anos máis ata que finalmente tamén sucumbiron á voracidade do formigón e os cartos rápidos en aras dun mal entendido progreso.
Semella que aínda se albisca tamén o río, que nese treito recibe o nome do barrio, hoxe canalizado e soterrado para vergoña da cidade.
Nunha crónica da provincia da Coruña de mediados do século XIX destácase que pese a que o entorno das Mariñas é un verxel, con clima privilexiado para medrar a vexetación, a paisaxe faise dura e escasa en arborado na propia Coruña, moi exposta ao mar. Unicamente o val do río Monelos é un oasis harmonioso fresco e cheo de árbores que paga a pena visitar. (Non lembro ben as palabras exactas, mais recalcan esa idea, sen dúbida con máis florituras das que fixen eu). ;-)
ResponderEliminar