Como "A vella e nobre Brigantium" a ven catro amiguetes non dubidamos en manter incluso os comentarios de publicidade viral, a fin e ao cabo lle dan un certo toque de cor ao blog, sen embargo todo aquel comentario anónimo coma o da imaxe que se faga de agora en diante será eliminado, folga explicar que son polas formas e non polo fondo. Admítense todo tipo de comentarios e incluso quen queira pode lanzar aquí unha luva á meixela, mais:
- Deberá facelo con elegancia e estilo
- Deberá deixar un sitio onde responder, tampouco queremos que isto se convirta nun campo de batalla.
Polo demais, a quen busque esborrallar esta bitácora por lecer informámolo de que se ha ter que esforzar un chisco máis, ser máis sofisticado...
E noutra orde de cousas, queremos lamentar que a entrada sobre o hotel Atlantic que estaba preparada para o pasado día 27 non foi publicada por algún problema co código html que aínda está por arranxar, pedimos desculpas e agardamos que en breve poida estar dispoñible.
Lembramos que na parte inferior do blog, hai un enderezo de correo onde podedes dirixir as vosas suxestións, colaboracións, críticas, peticións, correccións, queixas, etc. todo o que se vos ocorra.
E como xa lle dixemos a algún... o mellor está por vir

Unha aperta a tod@s
PD Tampouco nos esquecemos dalgunha petición pendente ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario