8 de mar. de 2009

Día Internacional da Muller Traballadora: Mariscadora na ría do Burgo

Alberto Martí | La Voz de Galicia

A fotografía de Alberto Martí e unha homenaxe, non só ás mariscadoras, senón ao esforzo de tantas mulleres e nais.

Non mudou tanto a dura tarefa de arrincar do mar un sustento, aínda que por aquel entón, non vai tantas décadas, a extracción a man de berberechos e ameixas reflectía outras precariedades.

A muller da imaxe non esta soa na area. Durmido encol do húmido leito, o seu pequeno cativo a acompaña na laboriosa actividade de lombos encorvados, mans con fendas e decotío co sono atrasado.

2 comentarios:

  1. Una imagen que habla por sí sola y tus palabras realmente acertadas.
    Saludos desde aquí. Desde La Coruña.

    ResponderEliminar
  2. Hoxe mulleres traballadoras celebran este día, esquecéndose doutras moitas mulleres que están soas, que concilian a súa vida laboral e familiar nestas precarias situacións.
    Tócome unha época na que tiven que loitar para conseguir que os meus dereitos igualásense aos dos homes, conseguidos.
    Sigo loitando por mulleres como estas e tome a decisión de loitar tamén polos dereitos do home, ninguneados por dereitos non igualitarios a favor da Muller…
    O día da muller traballadora debería ser para estas mulleres, outras mulleres deberían axudala, neste día.

    Triste imaxe nos tempos que corren…

    Un saúdo, desde Noja, Cantabria

    ResponderEliminar