II Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
A Real Colexiata de Santa María do Campo é un templo católico situado na Coruña.
Trátase dunha pequena igrexa do século XIII que se comezou a edificar en 1296 e ficou constituída en parroquia no 1302. Chámaselle "do Campo" porque primitivamente estaba fora dos muros da cidade. Desde moi antigo foi igrexa dos gremios do mar e do comercio.
No ano 1441 o arcebispo de Santiago erixiu a igrexa como colexiata, e no ano 1494 o papa concedeulle o título de abadía.
Ao longo do século XVIII houbo varios intentos de reedificación, pero ningún se levou a cabo. A finais do século XVIII e principios do XIX leváronse a cabo as obras de ampliación adiantándose nelas a portada.
Levántase sobre unha escalinata e está precedida por un dos cruceiros máis antigos de Galicia (s.XV). É unha igrexa cargada de encanto, composta por tres naves rematadas nunha ábsida semicircular con tendencia oxival que mostra a pervivencia do románico galego até ben entrado o gótico. A súa fachada principal, fronte ao pazo Cornide, presenta un rosetón e sobre a súa portada da entrada levántase unha arcada cuxo tímpano está decorado con esculturas de apóstolos que lembran ao Pórtico da Gloria. A fachada actual, de 1789, incorporou a portada primitiva. Xa no seu interior, as imaxes máis representativas son a Ascensión e maila talla de Santa María a Magdalena.
Fonte: Wikipedia

Ningún comentario:
Publicar un comentario