Páxinas

10 de abr. de 2009

O que quedaba do hotel Palas e o Café Oriental

Alberto Martí | La Voz de Galicia

O Hotel Palas, situado fronte o Obelisco, tiña no seu baixo o popular café Oriental. A súa terraza era das máis frecuentadas polos coruñeses, as súas mesas estaban todo o día ocupadas, agás cando sopraban fortes ventos do Norte ou do Sur segundo apunta o historiador Carlos Fernández.

Preto de alí había outras terrazas moi concorridas, como a do Café América, o Alcázar, o Royal ou La Mezquita.

O 7 de Xuño de 1967 Alberto Martí captou coa súa cámara o momento no que o Palas e o Oriental xa fecharan e o edificio estaba a ser derrubado para erguer outro máis alto e menos integrado na súa contorna no que hoxe se atopan a sede de R ou o Sporting Club Casino e os seus baixos os ocupa a cadea de venda de roupa Mango.

Ningún comentario:

Publicar un comentario