Páxinas

12 de maio de 2009

Antiga Casa de Socorro de Santa Lucía

Alberto Martí | La Voz de Galicia

A antiga Casa de Socorro, obra de Pedro Mariño, de Santa Lucía facía esquina con Juan Flórez. Fóra da instantánea, a subir pola esquerda, atopábanse a pequena igrexa de San Pedro de Mezonzo e un mercado.

6 comentarios:

  1. Empreguei a imaxe desta anotación no meu blog, aquí: http://laninhadelexorcista.blogspot.com/2011/02/asalto-la-casa-de-socorro-de-santa.html

    ResponderEliminar
  2. Eu non recordo que esta fora a casa de socorro, ainda que poidera ser que fose antes de que eu nacera (1956). O recordo que eu teño de esta casa es que era "Escuela de Formacion Profesional Nautico-Pesquera" e a casa de socorro estaba nos baixo do edificio das Cigarreiras (Onde esta agora UXT), na Costa da Palloza.

    ResponderEliminar
  3. Mmm... comprobaremos a ver mais resulta raro que, de ser como comentas, LA NIÑA DEL EXORCISTA non nolo tivese dito xa.

    ResponderEliminar
  4. Eu me equivoco como todo o mundo, pero grazas. A min o que me dicía a xente de idade que viu a foto é que esa era a Casa de Socorro de Santa Lucía. Consultando agora por outro motivo a obra de Alfonso González Catoyra Cronología coruñesa, leo na páx. 367 este apunte correspondente ao ano 1958:

    Casa de Socorro

    El 12 de enero tuvo lugar la inauguración de la Casa de Socorro de Cuatro Caminos, instalada en el antiguo edificio de "Las Cigarreras" en el que también se habían montado los servicios de Policlínica, Servicio exterior y Ambulancias de la Beneficencia Municipal.

    Todas las instalaciones se llevaron acabo con muy buen criterio y un sentido moderno de acondicionamiento

    ResponderEliminar
  5. Neste caso a nosa fonte foi La Voz de Galicia, que en varias ocasións publicou fotos dende distintos puntos de vista deste edificio referíndose sempre a el como "Casa de Socorro".

    Isto non quita que na época na que foi tomada esta imaxe que estamos a comentar xa non cumprira esa misión.

    Sobre a alusión a LA NIÑA DEL EXORCISTA para confirmar ou desmentir os datos todo vén porque cremos saber que se trata dun coruñés de vello e que, independentemente da súa visión histórica que pode ou non gustar (iso vai en cada un), sempre apoia os seus comentarios con fontes bibliográficas, feito que é sempre de agradecer amén da súa fidelidade ao blog.

    Un saúdo a todos os lectores do blog e desculpas pola demora nas respostas tanto nos comentarios como nas que chegan vía e-mail.

    ResponderEliminar
  6. Hai constancia dunha "Casa de Socorro de Santa Lucía" no nomenclator-guía de David Sotelo Morales (1947) seguramente se trata da casa de socorro da foto.

    ResponderEliminar