27 de ago. de 2009

Tren de pasaxeiros a pasar polas Xubias

Alberto Martí

Á esquerda a ría do Burgo, no fondo da imaxe e na parte central, á dereita da trincheira da vía, atopamos hoxe o hospital materno-infantil Teresa Herrera.

Por esta liña, a da Coruña-Palencia chegou o primeiro tren á vella e nobre Brigantium. Máis de cen anos despois continúan a entrar e saír da cidade por este mesmo sitio, baixo un futuro incerto, os escasos convois con destino ou procedencia Ferrol, Monforte ou Barcelona e algúns mercantes cargados de bioetanol ou madeira.

2 comentarios:

  1. Aínda que só se poda desfutar nos poucos trens que usan os camiños de ferro de Monforte e de Ferrol, esta entrada pola ría é espectacular (e podería ser moi útil como eixo de cercanías Betanzos-Coruña, pero iso é outro tema).

    ResponderEliminar
  2. Podería, o problema é o largo da plataforma e as limitacións que ten por ámbalas dúas marxes, que fan case imposible o seu desdobre, e sen dobre vía é faise moi complicado o tema dos trens urbanos.

    ResponderEliminar