Páxinas

29 de ago. de 2009

A vella e nobre Brigantium en Picasa

Como moitos xa saberán antes deste blog moitas das imaxes que aquí se publican xa se subiran nunha conta de Panoramio para podelas ter localizadas.

Máis adiante, xa coa bitácora en marcha fomos subindo moitas máis nunha conta de Flickr.

O problema no caso de Panoramio era ter todo axeitadamente ordenado, co cal foi caendo a conta en desuso. Pola contra no caso de Flickr os problemas foron a limitación que supoñen as contas gratuítas e que o sistema de localización non melloraba o de Google.

A maiores, en ningunha das contas nin tampouco a través do blog se poden descargar todas as imaxes (para quen así o desexe) dunha soa vez (posíbeis complementos dos navegadores aparte).

Así que finalmente a opción elixida foi aproveitar a propia conta de Picasa que Google ofrece xunto co blog de xeito que:

Están todas as imaxes datadas e que foron publicadas no blog. Máis de 250, e as que faltan por vir... Ordenadas cronoloxicamente.

Están as máis delas localizadas nos mapas de Google.

É posible descargalas de vez co programa de balde Picasa.

Calquera que teña algunha idea, dúbida ou suxestión a este respecto e/ou queira propoñer unha outra alternativa estaremos encantados de coñecer a súa opinión.

Igualmente, lembramos que agradecemos de antemán calquera corrección tanto nas localizacións, coma nos comentarios, coma na datación das imaxes e que o que o desexe nolo pode facer saber tanto a través dos comentarios como empregando o enderezo de correo electrónico que aparece na parte inferior do blog.


Atentos saúdos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario