Unha das estrelas mediáticas internacionais do momento foi o aviador francés Jules Védrines a quen Pedro Ferrer inmortalizou nunha escala na nosa cidade.
Como aínda faltaban unhas décadas para a construción de Alvedro por aquel entón a zona empregada para as manobras aéreas era o Campo da Estrada, que se correspondería co que hoxe é a parte posterior do cuartel de Atocha e os terreos da Hípica ata chegar case á beira do mar.
As casas que se poden ollar ao fondo semellan as que podemos atopar aínda a día de hoxe na Porta de Aires.
Ningún comentario:
Publicar un comentario