Páxinas

6 de out. de 2009

A praia de Riazor entre 1958 e 1961

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Comezaba xa a amosar unha faciana máis semellante á actual aínda que cabe destacar o estadio de Riazor, ao fondo coa súa columnata e a grada elevada, semellante aos estadios alemáns construídos durante o período do nazismo.

Igualmente interesante resulta deterse un intre para ollar as arcadas que hoxe ocupan o Playa Club, formando co propio estadio un conxunto cunha certa harmonía que ben habiamos querer para hoxe en día no que tanto gostamos de presumir dun paseo marítimo no que reina o formigón e os disparates e choques entre estilos arquitectónicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario