J. Sellier | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña
José Sánchez Bregua, nado na Coruña en 1818 e morto en Madrid en 1897, foi un militar e político galego.
Era de familia humilde e entrou no exército coma soldado raso, en 1835, loitando contra os carlistas na primeira guerra civil. Dende 1844 ata 1850 estivo coma alférez en Filipinas, e en 1852 ascendeu a capitán.
Era de familia humilde e entrou no exército coma soldado raso, en 1835, loitando contra os carlistas na primeira guerra civil. Dende 1844 ata 1850 estivo coma alférez en Filipinas, e en 1852 ascendeu a capitán.
Durante a guerra de África desempeñou o negociado de campaña no Ministerio da Guerra, e, a partir de entón, grazas as súas dotes como militar e organizador, a súa carreira foi rápida e brilante. En 1868 ascendeu a xeneral de división.
Foi Subsecretario da Guerra con Prim, e á morte deste, Capitán Xeneral de Galicia. Neste último cargo reprimiu persoalmente a insurrección federal do Arseal de Ferrol, polo que foi ascendido a tenente xeneral.
Foi Ministro de Guerra no Gabinete de Castelar. Era ministro, polo tanto, ao producirse o Golpe de Estado do xeneral Pavía. Despois da Restauración desempeñou diversos cargos, e en 1881 foi nomeado senador vitalicio.
Foi soterrado na Coruña o 20 de xuño de 1897. A gravación do seu enterro, coñecida como Entierro del General Sánchez Bregua, está considerada o primeiro filme cinematográfico rodado en Galicia, se ben a cinta non se conserva.
Fonte: Wikipedia
Fermosas fotos da Coruña. En flickr coñezo un usuario que ten un feixe delas moi chulas: http://www.flickr.com/photos/cibergaita/sets/72157603782593225/
ResponderEliminarUn saúdo.
Gracias polo apuntamento Galicia, pero se te fixas xa teño feito anteriormente algunha referencia a dita conta de Flickr.
ResponderEliminar:-)