Pedro Ferrer | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
A Casa do Sol, está situada na esquina da rúa do Sol, fronte á praia do Orzán. Foi deseñada por Pedro Mariño en 1903, o lugar foi construído como centro médico onde se trataban diversas doenzas como a tuberculose.
Trátase dunha pequena edificación de planta cadrada, á que se accede mediante unhas escaleiras. No interior distribúese con varias salas de consulta, un despacho e unha sala de espera con luz natural que chega a través dun lucernario situado na súa cuberta a dúas augas.
Tralo seu emprego como dispensario, o edificio tivo outros usos, como sede da concellaría de Festas.
Por los años +- 1.950 fué sede del "Tribunal tutelar de menores"
ResponderEliminar