Páxinas

10 de mar. de 2010

Igrexa de San Domingos

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Igrexa barroca no Convento de San Domingos aberta ao culto en 1613, aproveitando os restos do templo anterior destruído polos ingleses en 1589.

De planta de cruz latina, cunha soa nave no brazo maior; cuberta con bóveda de canón con vidros, cúpula no cruceiro e tres capelas de fronte.

En 1663 constrúese a capela dos Remedios e pouco despois a do Rosario, patroa da cidade.

Conserva ao exterior do muro de cabeceira da capela maior ou presbiterio, un tímpano románico- oxival coa Virxe sentada co Neno, procedente dunha das portadas da igrexa primitiva.

Na actualidade, o soar que se ve baleiro á esquerda, ocúpao o colexio que leva o mesmo nome.

Ningún comentario:

Publicar un comentario