I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
Proxectado por Pedro Mariño foi construído entre 1904 e 1912 e inaugurado en 1927 polo rei de España Afonso XIII. Nel atópanse diversas dependencias administrativas do Concello da Coruña, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo.
É un edificio de cantaría galega, cunha superficie en planta de 2.300 metros cadrados. Ten 3 andares e ático. A súa fachada levantouse ao longo dunha fronte de 64 metros, ten 43 fiestras abertas ao exterior e no seu corpo interior ábrense 15 arcadas que serven uns amplos soportais.
No proxecto inicial da construción da Praza de María Pita o Palacio Municipal quedaba englobado dentro das construcións no lado norte, pero posteriormente decídese deixalo exento.
Artellado en planta arredor do Salón Capitular, de dobre altura e con tribuna. Polos soportais accédese a un amplo vestíbulo flanqueado por dúas escaleiras, unha imperial á dereita e outra de catro tramos á esquerda, que reciben luz a través de dous patios cubertos. O resto do edificio disponse nunha estrita cuadrícula, para darlle flexibilidade á planta.
A fachada foi proxectada como reflexo da orde interior, ao estilo renacentista francés. Presenta un gran arco en ferradura cunha espléndida ferrería, cun óculo de vidro baixo no que o arquitecto grava as súas iniciais. Realizada en cadeirado, cachotería e ladrillo. As cúpulas están galonadas con cerámicas de brillo metálico e o resto da cuberta con zinc. Baixo a torre do reloxo está o escudo da cidade e catro cariátides (as catro provincias galegas). O resultado é un edificio de estilo ecléctico.
Sobre a súa arcada ten escrito en castelán:"Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda y llave, fuerza y antemural del Reino de Galicia". |
Ningún comentario:
Publicar un comentario