Avrillon | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
Imaxe pouco habitual, tomada entre 1900 e 1903, na que o máis salientable é a presencia do forte de Malvecín.
O forte de Malvecín estivo unido no seu día coa actual "coraza" do Orzán mediante unha muralla que defendía a cara sur da cidade a través do que hoxe é a rúa Juana de Vega. De feito, se nos fixamos ben, pódense distinguir os edificios que conforman xunto coa Rosaleda a praza de Mina, destacando entre deles o de La Unión y El Fénix (que daquela non tiña a altura actual).
E agudizando un pouco máis a vista poderemos distinguir tamén, ao fondo, os centenarios muíños que coroaban os montes de Santa Margarida e a Agra do Orzán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario