III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
Aínda que en verdade o enderezo de Caixa Galicia figura e figurou na Rúa Nova non podemos pasar por alto nestes convulsos días esta imaxe da época en que xermolou a primeira entidade financeira galega.
En 1978 froito da fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña y Lugo e a Caja de Ahorros de El Ferrol nace Caixa Galicia, e que haberá ter a súa sede no edificio da primeira das partes mencionadas e que podemos ver na imaxe.
No entanto, este senlleiro edificio foi derrubado para dar paso a outro de porte máis moderno, pero tamén máis gris e que vai rachar coa harmonía e estética da zona e que é o que coñecemos actualmente.
Nos anos '80 e '90 máis bancos e caixas súmanse a Caixa Galicia que, a súa vez, se expande internacionalmente.
Mais con todo estes días semella que andaina remata, pode que se conserve o nome comercial pero é bastante probable que a sede viaxe até Vigo para xa non volver, e se ninguén o remedia teremos que nos conformar con ollar estas vellas imaxes...
Ningún comentario:
Publicar un comentario