Páxinas

7 de abr. de 2010

A canteira de Santa Margarida e vistas do centro da cidade

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

O que se ve na parte inferior central da foto foi unha vella canteira ao pé do monte de Santa Margarida e que habería dar nome a unha popular baiuca situada nun local na esquina do grupo de edificios que se ve máis á esquerda, no que hoxe é a glorieta de América.

A comezos dos '90 tivo lugar a construción no oco deixado por dita canteira do Palacio de Congresos, hoxe reconvertido en Palacio da Ópera, mais parte da pegada deixada por esa explotación mineira aínda se pode ollar "semioculta" por un abanqueiro artificial feito como parte das obras de urbanización da contorna do propio Palacio de Congresos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario