I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
A construción da igrexa realízase en varias fases, todas elas durante o s. XVIII, agás a torre sur (1906). Feita en cachotaría.
Por pertencer a xesuítas, segue o esquema construtivo do Jesús de Vignola: planta de cruz latina con tres naves separadas por piares, a central o dobre de ancha que as laterais.
Transepto dunha soa nave e cabeceira con organización tripartita, onde a ábsida central é máis profunda e elevada que os laterais.
Naves con bóveda de medio canón, reforzada por arcos faixóns, e no cruceiro bóveda de cucería nervada e lanterna. Ábsida con bóveda de aresta.
Os arcos formeros descansan sobre unha orde de estilo dórico. Unha tribuna que percorre todo o recinto, dende onde os xesuítas presenciaban o culto.
Fachada principal con corpo saínte con dúas grandes columnas dóricas, que separan tres corpos ornamentados con fornelas.
Torres máis atrasadas, de forma que o xogo da plástica barroca teña un maior efecto. Adro ao outro lado da rúa.
Fonte: Turgalicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario