Páxinas

6 de abr. de 2010

Miradoiro dos Castros

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Entrada dedicada aos amigos troleiros, xa que gracias a eles sabemos que o nº2 da Cía. de Tranvías (que se pode ver á esquerda da imaxe) daquela daba a volta baixo o punto no que está tomada a foto. Hoxe o nº2 chega até a Urbanización Casablanca, retornando a este mesmo sitio pola avenida da Pasaxe, rachando deste xeito a simetría que caracteriza o trazado desta histórica liña.

Outras curiosidades ou diferenzas que podemos ollar é que o parque do miradoiro ocupaba orixinalmente todo o largo do que hoxe é a avenida do Exército ou que o porto comercial e petroleiro en San Diego aínda estaba sen rematar.

O casal que se pode ver entre o miradoiro e os terreos gañados ao mar aínda habería aturar en pé até finais da década dos '90, cando foron derrubados para construír o parque de San Diego e os seus centros cívicos e deportivos. Tratábase dun pequeno oásis rural, coa súa fontiña o seu lavadoiro e os seus eucaliptos en medio do "deserto gris" en que converteron o outrora mariñeiro barrio dos Castros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario