Páxinas

5 de maio de 2011

Inauguramos sección: Off-topic

Supoñemos que a maioría dos nosos escasos pero queridos lectores xa saberá o que é un "off-topic" (e senón non pasa nada, aquí está moi ben explicado) así que axiña se decatarán de que o obxectivo non é outro que facer o blog un chisco máis atractivo, compartir e/ou dar a coñecer todas aquelas cousas que imos atopando pola Rede e que nos parecen interesantes ou de utilidade, estean relacionadas ou non coa cidade da Coruña.

Analogamente iremos engadindo na barra lateral dereita unha serie de ligazóns a blogs ou webs onde atopamos algunhas desas cousas ou que pensamos que poden interesar.

Encetamos con este corte do programa Human Planet da BBC 4 sobre os percebeiros. Seguro que moitos xa o coñeciades mais nós non podemos deixar de nos abraiar e poñelo aquí para que o vexades unha vez máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario