Páxinas

23 de ago. de 2011

As escolas Labaca entre 1915 e 1925

Pedro Ferrer | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

O edificio de estilo modernista foi construído entre 1912 e 1915. Nun principio tratábase dun edificio ecléctico, de dúas alturas con aulas, aseos, gardarroupas e accesos independentes para nenos e nenas na planta baixa, deixando a superior para as vivendas de mestres. Na fachada domina a simetría arredor dunha torre de claro estilo modernista, moi decorada a base de motivos xeométricos e vexetais.

En 1985, o edificio amplíase por medio dun novo pavillón, colocado na parte traseira do solar, cun corte de xeometrías sinxelas e cores neutras que fan que a cor rosada do primeiro destaque dentro da paisaxe urbana.

Fonte: Turgalicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario