III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
Así era a vista da rúa Juana de Vega dende a praza de Pontevedra a comezos do século XX, cando aínda non se erguera o edificio do Banco de España.
Os máis dos edificios que se poden ver na imaxe foron desaparacendo ao longo dos anos, entre eles - o máis tristemente lembrado - o que desaparece da imaxe pola marxe dereita, a igrexa dos PP. Xesuítas.
Afortunadamente un dos máis singulares, o segundo pola esquerda, aínda o podemos atopar nesta céntrica rúa nun bo estado de conservación.
Me encanta todo lo que nos mostráis. Muchas gracias.
ResponderEliminarGracias a vós que pasades polo blog. Que sodes os que lle dades sentido.
ResponderEliminar