Páxinas

24 de mar. de 2012

Blog do Barrio dos Mallos: O Río ou Rego dos Xudeus - A Coiramia

Atopamos vía Facebook esta breve mais interesante entrada do Blog do Barrio dos Mallos:
barrio da Coiramia«Antonte máis de unha e máis de un debeu descubrir que da Coiramia para a Palloza baixa un río, o Río ou Rego dos Xudeus, do que en tempos había por exemplo un lavadoiro na rúa de San Vicenzo, se non me engano na altura máis ou menos do que hoxe é a praciña da igrexa de San Bieito. Miña nai, que é da Sexta do Ensanche (Ouvidor Gregorio Tovar), recorda aínda perfectamente "ir lavar ao río". Con todo, cando a zona empeza a crecer nos sesenta e chega a desfeita urbanística o rego, que xa baixaba en moi más condicións ambientais, é entubado e soterrado, como se fixo co de Monelos ou con outros regos menores en distintos puntos da cidade. Miña nai tamén conta sempre que polo visto a obra non debeu ser nada doada e recorda que as obras de canalización na zona daRúa Asturias eran "interminábeis" e había alagamentos a cada pouco.
Asturias - Vizcaya por osmallos, en FlickrO Rego dos Xudeus este debe ser unha cousa ben brava, que a cada pouco se quere rebelar do corsé de sumidoiros en que á forza o meteron, como demostra o inconfundíbel cheiro a pluviais da Rúa Asturias, co que moit@s levamos convivindo toda unha vida ;)
Sei que o rego vai desembocar na zona da Palloza (á altura da Pena dos Xudeus que alí algunha vez existiu), mais o que non sei é onde nace exactamente. Tamén non sei se o vello lavadoiro da Falperra (onde hoxe está a cancha de baloncesto), que eu aínda recordo, ten a ver con este rego ou a súa auga provén doutro que vai dar ao "principal". Temos todo un mundo acuático baixo os pés e nós sen sabelo! »
Comentario deixado por Fran no artigo "Do baño na praia á saraiba en tan só 24 horas".Segunda foto cedida por Asun.
Fotos daquela espectacular tormenta que provocou inundacións nos Mallos [Ver aquí].

Ningún comentario:

Publicar un comentario