Páxinas

17 de nov. de 2013

Actualidade coruñesa


Por unha banda queremos destacar hoxe que o pasado outubro volveron Txury Ferrer e Antón Lezcano co seu programa Turkía (versión radio), a evocar os mellores tempos de Zapping (Yes!) os venres durante unha hora, de 19:00 a 20:00, en M80.

Para quen aínda non coñeza a estes -xa- clásicos das ondas recomendámolos por completo para quen quera gozar durante sesenta minutos dun xeito desenfadado e máis ou menos imprevisíbel de filosofar sobre a vida con -por suposto- un marcado acento turko ou coruñés (que ven sendo o mesmo).

Para quen non teña a opción de escoitalos en directo pode descargar os programas a través do blog dos fans (http://zappingyes.blogspot.com) e tamén seguilos a través da súa conta en Twitter (@TurkiaRadio) e en Facebook (https://www.facebook.com/turkiaradio).

Pola outra banda, queremos desde este blog recomendar, tamén, para quen queira estar á última de todo o que acontece na vella e nobre Brigantium por unha vía alternativa ás tradicionais, a conta en Twitter de @Eloytp que vai estar -como el mesmo se describe- "Siempre pendiente de informar y siempre con la cámara en la mano. Conectado las 24 horas del día. Si pasa; lo sabrás."

E en verdade que moitas veces vale o seu peso en ouro :-). Ánimo para todos/as nesta penúltima semana de novembro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario