Páxinas

21 de nov. de 2013

O parque de Santa Margarida nos anos '50 do século XX

O Parque de Santa Margarita é un parque situado no centro xeográfico da ciudade da Coruña e a súa inauguración oficial tivo lugar o 15 de xullo de 1977 sendo alcalde José Manuel Liaño Flores.

Foi até hai poucos anos o maior en superficie da Coruña, con 51 723 m². Arrodeado de cidade por todas partes garda aínda o recendo do vello monte: piñeiros e eucaliptos, e outras tradicións populares coma da romaría de Santa Margarida (celebrada o último fin de semana de agosto).

A lomba elévase até uns 61 metros sobre o nivel do mar onde antano existían muíños de vento, dos que aínda quedan restos, estando un deles arrodeado por un estanque para aves acuáticas. Rehabilitouse un antigo palacete construído nos anos 40 que acolle desde 1985 o elemento más significativo do parque e pioneiro na historia dos museos interactivos: a Casa das Ciencias, ademáis pódese visitar a Fonte da Bola, o primeiro dos módulos exteriores deste museo. Trátase dunha peza maciza de granito orbicular coñecida como estrutura rapakivi, de forma perfectamente esférica e unha masa aproximada de 1 500 kg que se pode mover exercendo moi pouca forza.

É importante a masa arbórea na que se inclúen preto de 70 especies orixinarias de distintos continentes. Destaca a presencia do abeto español ou pinsapo, a mimosa, o carballo, a árbore do ceo, o cefalotaxo, o magnolio, o teixo, así como diversas especies de alciprestes, ulmeiros, tuias ou cimbros. O espazo verde é frecuentado por diversas especies de aves como dúas especies de pícidos (pop. petos), outras dúas de melros, o pimpín común, el ferreiriño bacachís ou azul, o xílgaro, o ferreirinño abelleiro, a pega e o gabeador.

O parque conta ademáis do pequeno estanque para aves acuáticas, zona de xogos infantís e edificio de servizos, zona de xogo de petanca e chave e un anfiteatro ao aire libre. Sen deixar de citar a construción excavada e integrada nunha esquina do recinto: o Palacio da Ópera. Ao seu carón a grande fervenza artificial sobre o muro de pedra deixado pola canteira é outro dos sinais de identidade do parque.

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

En canto a motivos ornamentais destacan as referencias tradicionais como varios cruceiros e hórreos. En especial o hórreo de estilo fisterrán de sólida arquitectura íntegramente ensamblado en pedra, agás a porta, doazón particular, datado segundo a inscrición no século XVI.

Merecen unha mención o monumento á Terceira Idade, fundida por X. Piñeiro e o mural de pintura-escultura de Leopoldo Nóvoa na Avenida de Arteixo. Por este último acceso con fermosa ferraxe encontraremos o busto de Joaquín Costa, político rexeneracionista do século XIX co que noutro se lle deu nome institucional ao parque. Esta subida até a Casa das Ciencias é unha das zonas de maior nivel de axardinamento y concorrencia de público para paseo e uso das mesas.

_________________________________________________________________________________

Ningún comentario:

Publicar un comentario