Hoxe traemos unha imaxe moito máis moderna ca de costume (de feito vais ser a máis moderna de todas as que integran o álbum) que descubrimos da man do blog do barrio dos Mallos.
Nela podemos ver un galpón da antiga aldea que resistiu o paso dos anos coma nas historietas de Goscini e Uderzo até sucumbir á burbulla inmobiliaria.
A foto forma parte dunha entrada dun blog no que se da conta dunha vella idea, dun proxecto desbotado, para recuperar esa arquitectura popular que -erroneamente- se foi eliminando na cidade da Coruña ao longo dos anos. Unha mágoa!
A entrada completa podédela atopar aquí: http://noncommon.wordpress.com/2012/09/11/cultura-de-magdalena-y-bollicao/
Ningún comentario:
Publicar un comentario