12 de dec. de 2015

Vista parcial da Coruña entre 1953 e 1967

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Así aparece datada esta imaxe do primeiro dos catálogos da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña. Imaxinamos que os limiares para tan amplo espazo temporal (case que dúas décadas) obedecen á construción, por unha banda, do teatro Colón e á presenza do hotel Atlántico orixinal pola outra.

No entanto, gostariamos da colaboración dos nosos lectores para axudármonos a axustar máis ese período tan longo. Se cadra, unha boa pista podería estar na presenza dun trolebús polo Cantón Grande no canto do tranvía.

Andamos, ademais, a voltas cos álbumes de Picasa, que nos últimos tempos foron dando paso a Google Photos, o cal nos está a crear máis dunha crebadura de miolos para térmonos todo o arquivo ben clasificado e ordenado na nube. Pedimos paciencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario