Páxinas

7 de nov. de 2016

A sede da compañía eléctrica Fenosa

Alberto Martí | La Voz de Galicia

A conversión de este emblemático predio en vivendas hai xa dúas décadas segue a dar que falar polas irregularidades que nel se cometeron durante a reforma. Foi proxectado en 1961 por Juan Castañón de Mena (Madrid, 1903), enxeñeiro militar e arquitecto, quen poucos anos despois chegaría a ser ministro.

Esta construción consistía orixinalmente nun conxunto organizado de tres volumes, ficando o central de maior altura retranqueado da aliñación da rúa, retomando o esquema da Casa Sindical de Madrid de Cabrero y Aburto, de 1949.

Os autores xustificaron esta composición na memoria do proxecto en relación á ordenación funcional da sociedade. Así, o corpo central foi destinado a oficinas técnicas e administrativas, e os laterais a consello e dirección cara o oeste e atención ao público ao leste.

O uso de cubertas planas, a estrutura metálica de grandes luces e, sobre todo, a liviá solución do muro cortina combinando vidro con paneis de cor azul intenso cunha estrita modulación que ordena todas as fachadas, vinculan a Castañón cos exercicios de construción en altura que o mestre do Movemento Moderno estaba a realizar —con poucos anos de diferenza— nos Estados Unidos, trasladando tamén esta relación ás arquitecturas dos aproveitamentos hidroeléctricos.
________________________________________________________________________

Fonte: Tese doutoral de Antonio S. Río Vázquez "La recuperación de la modernidad en la arquitectura gallega", Universidade da Coruña 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario