10 de nov. de 2016

Adeus Castiñeiras!

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Na imaxe pódese ollar o imparábel avance das obras de  prolongación da Avenida de Alfonso Molina desde a zona das estacións até practicamente a Praza de Ourense.

No momento de tirar a foto aínda non se construíra a ponte que permitiría evitar o cruce ao mesmo nivel do gran novo acceso con Juan Flórez mais permite adiviñar, se fixamos a vista ás casiñas da dereita, a magnitude das expropiacións que se tiveron que levar a cabo para sacar adiante os traballos.

Tal foi así que un barrio practicamente enteiro, o de Castiñeiras, desapareceu baixo os cascallos (moitos dos seus habitantes foran reubicados no novo Barrio das Flores) para dar paso ao que hoxe é o comezo da Ronda de Nelle, os xardíns da Praza de Catro Camiños e, por suposto, a avenida de Alfonso Molina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario