16/11/2009

Espera diante do Eusebio da Guarda

Alberto Martí Villardefrancos, La Voz de Galicia

A praza de Pontevedra non era aínda daquela un punto de conexión para o transporte urbano, mais funcionaba xa como espazo de encontro e espera. En concreto, a praza operaba coma unha eventual oficina ao ar libre, xa que era habitual que alí se concentraran as xentes do agro, cos seus apeiros, dispostas a se trasladar para participar na sega dos campos de Castela.
Ao fondo pódese ollar a escalinata do instituto Eusebio da Guarda.

14/11/2009

Un detalle do peirao de Linares Rivas


III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Ademais do barco, que máis có século XX semelle evocar épocas bastante anteriores, chama a atención as grúas, xa que unha destas foi restaurada recentemente e exposta nunha rotonda dos viais do porto á altura da praza de Ourense.

O edificio da dereita podémolo identificar como a fábrica de Tabacos, o cal nos axuda a localizar con precisión abondo a instantánea.

13/11/2009

Vistas dende os Castros


I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Unha nova vista da cidade na década dos '50. Desta volta temos en primeiro plano as hortas de San Diego co castelo en ruínas no medio e separado das primeiras polo camiño de ferro da liña Coruña- Palencia.

Seguían a destacar no horizonte a Casa Barrié, o Banco Pastor, a Torre de Hércules e á dereita de todo o hospital militar (hoxe Abente y Lago).

12/11/2009

Rúa Rego de Auga: Teatro Rosalía, Deputación Provincial e Goberno Civil

Alberto Martí Villardefrancos, La Voz de Galicia

Este era o aspecto que amosaba a principios dos '40 o edificio do teatro Rosalía de Castro, que por aquel época tamén estaba ocupado pola Deputación Provincial coruñesa e o Goberno Civil (hoxe Delegación do Goberno de España).

Na imaxe tamén se ve o quiosco da rúa Agar, así como varios establecementos comerciais de moita sona naquela época, como a perfumaría La Reina, onde traballou Fernando Suárez, ou la Tijera de Oro, onde vendían todo tipo de tecidos.

11/11/2009

Vista xeral dende os peiraos do Muro


Hauser y Menet, III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Na segunda metade dos anos vinte xa destacaba, como se pode ollar na imaxe, no skyline coruñés ademais da Torre de Hércules e algúns campanarios o edificio do Banco Pastor, hoxe engulido entre moreas e moreas de edificios próximos tanto ou máis altos.

10/11/2009

Vistas da cidade entre 1926 e 1928


I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Nesta imaxe pódese ollar nidiamente a badía coruñesa sen todos os enchidos que se foron facendo ao longo dos anos.

Na parte da dereita destaca a torre de telecomunicacións do castrense Campo da Estrada, curiosamente garda unha certa semellanza dende lonxe co actual obelisco Millennium.

E en primeiro plano podemos ollar, como curiosidade, coma o mar chegaba ata o pé do camiño de ferro en San Diego e o lugar onde se atopaba a fábrica de conservas Albo, marca que aínda existe hoxe en día aínda que non ten xa factoría algunha na nosa cidade.

09/11/2009

Peiraos de carga do porto


III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

08/11/2009

A rúa Santo André á altura do cruce con Santa Catarina

La Voz de Galicia


06/11/2009

Vista xeral dende Santa Lucía


Hauser y Menet, I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Peirao de Linares Rivas


III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

04/11/2009

Rúa Juana de Vega

La Voz de Galicia

En primeiro termo, na praza de Mina, pola que pasan un veículo descapotable e o tranvía numerado como 26.

Ao fondo, xa na rúa Juana de Vega, a igrexa dos Xesuítas, inaugurada en Xaneiro de 1902 e derrubada en Marzal de 1992.


03/11/2009

Vista xeral dende o Montiño



J. González, I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vemos en primeiro plano o barrio da Gaiteira e o que era a vella N-VI e hoxe a avenida de General Sanjurjo.

Tras deles, nun plano intermedio, a Fábrica de Tabacos aínda cunha dársena na súa parte posterior no que hoxe é Ramón y Cajal e por tras da fábrica o resto da cidade, onde semella destacar na metade esquerda, no alto de Santa Margarida, un dos muíños de vento que coroaban dende séculos a zona.

Avenida Linares Rivas nos anos '30


III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Podemos comparar a imaxe de hoxe coa de hai só dous días, da década dos '10 e observaremos que non só medraron as árbores que había no que hoxe se coñece como avenida Primo de Rivera senón que tamén se ergueu nese tempo a casa Barrié, un (aínda hoxe) impresionante edificio, deseñado polos arquitectos Tenreiro e Estellés, de afrancesado estilo e do que daremos conta no seu momento neste blog .

02/11/2009

Vista da badía


I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

“Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano”



Numerosas persoas visitaron Galicia ao longo dos anos movidas por diversos intereses do acervo cultural galego. Na actualidade conservamos dalgúns dos visitantes máis metódicos e curiosos un extenso legado no que se recolle a súa particular visión, grazas á cal, temos a oportunidade de achegármonos máis ao lugar que habitamos. Agora na Sede Fundación Caixa Galicia da Coruña  ofrecemos esa oportunidade coa monumental obra de Ruth Matilda Anderson (1893-1983), fotógrafa e etnógrafa da  Hispanic Society of America en Nova York, que percorreu Galicia entre 1924 e 1926 coa súa cámara fotográfica. A presente mostra, “Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano”, comisariada por Miguel Anxo Seixas Seoane e Patrick Lenaghan, exhibe o que o seu ollo viu a través do obxectivo. Estamos ante o maior arquivo fotográfico de Galicia, caracterizado pola súa gran calidade e pola vasta información que nos achega, tamén a nivel textual. Ata o 28 de febreiro somos espectadores da nosa propia historia, desde A Coruña.

Esta actividade é posible grazas á colaboración entre a Hispanic Society of America  e a Fundación Caixa Galicia.

 


Salas de exposiciones sede - Sede Fundación Caixa Galicia (A Coruña) - A CORUÑA. 30-oct-09 - 28-feb-10
 
Luns a venres: 12:00 h. a 14:00 h. e 16:00 h. a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: 12:00 h. a 21:00 h.

Visitas guiadas para público en xeral: luns, mércores e venres ás 18:30 h.
Para grupos, concertar cita no 981 185 060
 


Calzados Eusebio Fernández


I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

01/11/2009

Hoxe, ás 21h en Riazor: Deportivo - Sporting


I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Linares Rivas


III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

A avenida de Linares Rivas era a comezos do século XX a saída e entrada a cidade para a xente que viaxaba a Betanzos, Ferrol, Lugo, Castela, Madrid, etc. pola N-VI. Por ela transcorrían tamén os tranvías que en pouco tempo habían chegar ata Sada tras atravesar a ponte do Burgo, san Pedro de Nós e virar no Carballo cara Oleiros.

31/10/2009

Gran Hotel, Restaurant y Café La Perla


Pedro Ferrer, I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Beiramar antes do paseo marítimo

Alberto Martí Villardefrancos, Colección Brigantium