23 de nov. de 2016

Vista aérea desde Labañou

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Nada que ver esta imaxe do barrio de Labañou coa actual aínda que si se distinguen bastantes construcións que permanecen en pé: as cocheiras da Cía. de Tranvías, o colexio-residencia Calvo Sotelo, o antigo refuxio Padre Rubinos, ou as humildes vivendas unifamiliares máis os bloques do que popularmente se coñecen como "casas de Franco" e que na rúa deron en chamar (tamén na cultura popular) 'Korea'.

O que por sorte non sobrevivu foi o vertedoiro de RSU que se pode adiviñar na marxe inferior dereita, onde chegaron a erguer unha estrutura de formigón a xeito de rampla para -con camións- tirar lixo directamente ao mar.

2 comentarios:

  1. O bloque de vivendas non son as Casas de Franco. Ademais no chega a verse o vertedoiro, que estaría moito mais arriba de foto.

    ResponderEliminar
  2. Benvido Genin!

    Abusamos do termo "casas de Franco" para definir un típico barrio ou grupo de vivendas de promoción estatal do franquismo: tellado a dúas augas, uns cinco andares aprox., sen baixos comericiais,... Non sei exactamente como lle chaman a cada grupo en Labañou mais na imaxe si que se poden ver polo menos dous deles que responden a esa tipoloxía e que son os que están lindando hoxe coa EOI e a UNED máis os que se atopan fronte ao Millennium, ambos na Rda. de Outeiro.

    Sobre o vertedoiro non nos estamos a referir ao tristemente famoso de Bens senón que nos remitimos ao que se di na ligazón de La Voz de Galicia, o feito é que si sae na foto (moi escura, hai que recoñecelo) a rampla e a pista de acceso á mesma para que verteran lixo ao mar.

    ResponderEliminar