Alberto Martí | La Voz de Galicia |
Nada que ver esta imaxe do barrio de Labañou coa actual aínda que si se distinguen bastantes construcións que permanecen en pé: as cocheiras da Cía. de Tranvías, o colexio-residencia Calvo Sotelo, o antigo refuxio Padre Rubinos, ou as humildes vivendas unifamiliares máis os bloques do que popularmente se coñecen como "casas de Franco" e que na rúa deron en chamar (tamén na cultura popular) 'Korea'.
O que por sorte non sobrevivu foi o vertedoiro de RSU que se pode adiviñar na marxe inferior dereita, onde chegaron a erguer unha estrutura de formigón a xeito de rampla para -con camións- tirar lixo directamente ao mar.
O bloque de vivendas non son as Casas de Franco. Ademais no chega a verse o vertedoiro, que estaría moito mais arriba de foto.
ResponderEliminarBenvido Genin!
ResponderEliminarAbusamos do termo "casas de Franco" para definir un típico barrio ou grupo de vivendas de promoción estatal do franquismo: tellado a dúas augas, uns cinco andares aprox., sen baixos comericiais,... Non sei exactamente como lle chaman a cada grupo en Labañou mais na imaxe si que se poden ver polo menos dous deles que responden a esa tipoloxía e que son os que están lindando hoxe coa EOI e a UNED máis os que se atopan fronte ao Millennium, ambos na Rda. de Outeiro.
Sobre o vertedoiro non nos estamos a referir ao tristemente famoso de Bens senón que nos remitimos ao que se di na ligazón de La Voz de Galicia, o feito é que si sae na foto (moi escura, hai que recoñecelo) a rampla e a pista de acceso á mesma para que verteran lixo ao mar.