Fillo do emigrante portugués Gonzalo da Guarda e a coruñesa Juana González, naceu o 14 de Agosto de 1824 na Coruña e foi bautizado na parroquia de San Nicolao. Estudou pilotaxe na Escola de Náutica da Coruña e, dende moi novo, percorreu os mares do mundo.
Cando decide abandonar a mar á idade de 20 anos, emprégase como administrativo na casa comercial do armador de orixe asturiana Juan Menéndez onde, anos máis tarde, pasou a desenvolver a función de apoderado do seu principal.
O 30 de Agosto de 1854 tralo pasamento do seu patrón, contrae matrimonio coa súa viúva, Modesta Goicouría Cabrera, cando ela tiña 41 anos e el aínda non cumprira os 30; non tiveron descendencia.

O seu labor filantrópico tivo tres expresións materiais importantes, que perviven:
- O grupo escolar Eusebio da Guarda na actual praza de Pontevedra (antigo Campo do Camaranchón).
- A reedificación da capela de Santo André, actual igrexa castrense e antes hospital de Santo André (destruído en 1859 durante o asedio inglés á cidade), que era propiedade do gremio de mareantes.
- O mercado da praza de Lugo.
As obras do grupo escolar remataron despois do seu falecemento e o mercado da praza de Lugo foi edificado tralo mesmo. A capela de Santo André foi motivo dunha longa controversia entre o Arcebispado de Santiago, o Gremio de Mareantes de La Coruña Hermandad y Misericordia, e o propio don Eusebio, xa que os tres se disputaban a propiedade do templo.
Eusebio da Guarda faleceu o día 22 de Marzo de 1897 e foi enterrado, por expreso desexo vivamente manifestado, na capela de Santo André, onde seguen a repousar os seus restos xunto aos da súa esposa, tras do Altar Maior, nun magnífico sepulcro de mármore branca.
Ao falecer previamente a súa esposa e carecer de descendentes, herdaron as súas irmás Luisa e Rosa, segundo o testamento que outorgara o 25 de Xaneiro de 1897 ante o notario da cidade José Pérez Porto, no que nomeaba testamenteiro a José Marchei Buhigas.
O seu enterro foi un acontecemento social dada a relevancia do noso persoeiro, até o punto de que o alcalde, Luis Argudín Bolívar, publicou un bando no que pedía o peche de todos os establecementos da cidade e que os farois luciran un lazo negro en sinal de loito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario