Páxinas

4 de mar. de 2010

Escolas Públicas da Guarda

L. M. | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

As Escuelas da Guarda foron mandadas construír a finais do século XIX por expreso desexo do filántropo Eusebio da Guarda coa obriga de destinalas sempre á instrución pública de primeira ensinanza. A súa inauguración haberíase de producir finalmente en 1898.

Sen embargo, os avatares da Historia fixeron cambia-lo seu destino. En 1937 deixan de funcionar como Centro de Ensinanza, converténdose durante vinte anos en Fábrica de Armas. Profesores e alumnos abandonan o Grupo Escolar e son distribuídos en locais por diversas zonas da cidade.

En 1961, e despois das necesarias obras de reconversión do edificio, este recupérase novamente para desenvolver a súa misión educativa inicial, e a partires desta década dos sesenta funciona a pleno rendemento ata hoxe en día.

Fonte

Ningún comentario:

Publicar un comentario