Páxinas

6 de abr. de 2010

O Palacio Municipal nos anos '10

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Se hai uns días falabamos da construción do Palacio de María Pita, que na época na que foi tomada a imaxe apreciamos que aínda non se rematara, hoxe podemos facer unha comparativa coa anterior sede municipal, que non era outra que o edificio que se aprecia anexo á igrexa de San Xurxo.

Folga explicar que, se ben se trataba dun edificio moito máis humilde, non estaba exento de certa beleza e como dato curioso que cabería sinalar, na súa parte traseira estaba localizado o mercado de San Agostiño orixinal, non moi distinto dos pendellos que aínda podemos atopar hoxe en Agolada.

Como a maioría saberán o vello edificio do Concello foi derrubado e se ben houbo un proxecto de erguer nese sitio un museo de Belas Artes (do que daremos conta no seu momento) finalmente o que se fixo foi abrir unha rúa (hoxe chamada de Xoán XXIII) que serve de acceso ao novo mercado de San Agostiño, outra construción de Antonio Tenreiro digna de mención que terá o seu lugar no blog tamén ao seu debido tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario