24 de xan. de 2009

Castelo de San Diego II

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Onde hoxe atopamos o peirao petroleiro erguíase o castelo de San Diego. Foi cárcere militar e bastión defensivo, xunto coas fortalezas de San Antón e Santa Cruz de Oleiros. Declarada Monumento Nacional en 1949, nen sequera o título serviu para ceivalo da piqueta.

A imaxe foi tomada en Xuño de 1962, tres anos antes de que autorizaran o seu derrubamento baseándose no seu avanzado estado de deterioro. Por aquel entón non foi proposta a súa rehabilitación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario