11 de xul. de 2009

Quella do Lagar o 11 de Novembro de 1971

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Encetados os setenta, aínda quedaba en pleno centro da cidade zonas sen pavimento. Era o caso da quella do Lagar, que desembocaba (ao fondo da imaxe) na rúa Juan Flórez.

En días chuviosos coma os da imaxe, os viandantes que tiñan que pasar por aí debían escoller entre pisar encol das irregulares lousas da beirarrúa ou meter os pés na lama que ocupaba por completo o centro da vía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario