II Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña |
Curiosa postal dos anos '60 do século XX na que lonxe de amosar, malia aparecer a ría no centro da imaxe, as bondades da cidade se nos amosa unha zona caótica en estética e alturas e que comezaba ser vítima do desarrollismo.
Se tomamos como referencia algún edificio senlleiro que se pode ollar como a cuberta da praza de touros (á esquerda) ou o único chalé que aínda se mantén en pé a día de hoxe na rúa Juan Flórez podemos concluír que a imaxe debe estar tomada probablemente dende algún dos primeiros grandes edificios que se comezaron erguer en Riazor por aquela época como o que fai esquina entre Rubine e a avenida de Buenos Aires.
Ningún comentario:
Publicar un comentario